Unha tentación. Un camiño. Un destino.

01.01.Logo-CAMINO-SIDRA_verdeoscuro-rojo
Dámosvos a benvida ao Camiño da Sidra, onde a tradición e o sabor se atopan para ofrecerche unha experiencia única en Asturias, Galicia e o País Vasco. Descubre a maxia da sidra a través de rutas turísticas que te levarán polos recunchos máis auténticos destas terras. Mergúllate na nosa cultura e goza de cada grolo!
arrow-2

Coñécenos

No Camiño da Sidra unimos forzas dende diversos territorios cunha mesma paixón: compartir co mundo a nosa bebida máis apreciada e a riqueza cultural que a rodea. Co compromiso de preservar un grande legado sidreiro, creamos experiencias auténticas e inesquecibles que conectan as persoas que nos visitan coa tradición. O noso obxectivo é impulsar un turismo sostible e xenuíno poñendo en valor a sidra en todas as súas formas: dende a produción ata a degustación pasando polas festas, as actividades e o mundo singular que se crea ao seu arredor.

Camiños da Sidra

Explora as nosas rutas coidadosamente deseñadas para levarte por paisaxes icónicas, lagares con historia e sidrarías cheas de tradición. Cada camiño conta unha historia: unha invitación a coñecer as persoas quen manteñen viva a cultura sidreira, a descubrir sabores únicos e a gozar da mellor gastronomía local.
arrow-3
arrow-1

Axenda

Non deixes pasar os nosos eventos e actividades. A nosa axenda está chea de oportunidades para vivir a cultura da sidra dun xeito activo e festivo. Consulta aquí as datas e aproveita esta experiencia.

  • Mayando con Sidraturismo Asturias

    La cultura sidrera asturiana vuelve a ser protagonista este otoño Llega una nueva edición de Mayando con Sidraturismo Asturias, el evento que rinde homenaje a nuestras raíces sidreras en plena […]

arrow-1

Contacto

Tes algunha pregunta sobre as nosas rutas, ou queres saber máis sobre a sidra?

Ponte en contacto con nós! Estamos aquí para axudarte a planificar a túa viaxe ou para resolver calquera dúbida.