Galicia

Tradición atlántica, sabor de orixe

LogoRuta

No verde corazón de Galicia, onde a terra fértil e o clima atlántico se abrazan, medra unha tradición milenaria que está a rexurdir con forza: a cultura da sidra galega. Unha bebida ancestral que hoxe se reinventa con carácter propio combinando saber popular, innovación e un profundo respecto polo territorio.

A sidra galega non é só unha bebida: é un motor para o desenvolvemento sostible do medio rural, unha canle para preservar a biodiversidade froiteira e unha porta aberta ao turismo de proximidade. En cada grolo hai memoria, paisaxe e un horizonte cheo de posibilidades.

arrow-1

Zonas de interese

Villa de A Estrada

Pode considerarse a capital da sidra en Galicia, pois conta con varias sidrarías de estilo tradicional, unha gran cantidade de fincas con maceiras e celebra a súa feira da sidra.

Pazo de Oca

O Pazo de Oca é, seguramente, o máis representativo dos pazos de Galicia. Os xardíns pódense visitar e o seu trazado, da segunda década do século XVIII, é produto e reinterpretación da tradición paisaxística francesa. Compóñense de espazos articulados independentemente, con carácter propio. O xogo barroco das perspectivas e o fluír da auga combínase co granito e con especies vexetais insólitas.

O Pazo de Oca pertence á Fundación Casa Ducal de Medinaceli e forma parte da Ruta da Camelia: un percorrido dende o norte ata o sur de Galicia a través de 12 pazos e xardíns públicos e privados. Pódense atopar preto de 8.000 variedades de camelias en xardíns vinculados ao patrimonio histórico de Galicia.

Ruta da Prata

A Estrada está atravesada por varios camiños de Santiago. O máis importante e transitado é a Vía da Prata, que ten o seu inicio nas cidades de Mérida ou Sevilla. Dende San Miguel de Castro podemos percorrer os últimos quilómetros desta ruta e chegar a Compostela en media xornada. A distancia é de 23,9 km e no camiño atravesamos varias poboacións que ofrecen todos os servizos necesarios.

As nosas sidrerías

Recuperación de lagares antigos, onde se elabora a sidra de sempre adaptada aos tempos actuais. Rodeados polas maceiras que se poden visitar. Do seu froito obtense boa sidra, zume e outros produtos para saborear nun ambiente enxebre.

arrow-1

ACTIVIDADES / EXPERIENCIAS

arrow-1

Axenda

Non deixes pasar os nosos eventos e actividades. A nosa axenda está chea de oportunidades para vivir a cultura da sidra dun xeito activo e festivo. Consulta aquí as datas e aproveita esta experiencia.